Módulos Funcionalidades Orlas para colexios Contacto FAQ Solicitar demo
Fotografías

Subida, marca de auga e publicación

Arrastras o cartafol e FotoHook encárgase do resto: xera a miniatura, prepara a copia coa túa marca de auga e garda o orixinal fóra da web, onde ninguén pode chegar pola súa conta.

Que fai

De cada foto que subes gárdanse tres versións: o orixinal intacto, unha miniatura para que a galería cargue rápido e unha copia coa túa marca de auga, que é a que ven os teus clientes mentres escollen.

Ningunha das tres vive nun cartafol público. Gárdanse fóra do directorio web e sérvense dunha en unha comprobando antes quen as pide: non hai un enderezo que alguén poida adiviñar nin un cartafol que se poida listar.

Ti, desde o panel, segues vendo as fotos sen marca de auga. O cliente ve a versión marcada ata que paga; entón, e só entón, entrégaselle o orixinal.

Como funciona, paso a paso

Arrastras o cartafol

Subida masiva: seleccionas centos de arquivos dunha vez ou sóltalos sobre a zona de subida. Acéptanse JPEG, PNG e WebP ata 20 MB por arquivo.

FotoHook procesa cada unha

Miniatura de 400×300 para a grella e copia co teu logotipo superposto para a vista do cliente. O orixinal gárdase tal cal o subiches.

Ordenas e publicas

Reordenas a galería arrastrando e decides que fotos están publicadas. Unha foto subida pero sen publicar non existe para o cliente.

Pos prezos

Prezo por foto, prezo para todo o grupo dunha vez ou galería sen venda. Podes cambialo cando queiras sen tocar as fotos.

O cliente escolle

Ve a grella con marca de auga, abre cada foto a tamaño completo, marca favoritas e engade ao carro as que quere.

Detalles que convén saber

Marca de auga co teu logotipo

Subes o teu logo unha vez na configuración da conta e aplícase a todas as fotos que subas a partir de aí, sen traballo pola túa parte.

Publicada e activa

Son dúas cousas distintas: unha foto pode estar activa (existe, védela ti) pero non publicada (o cliente aínda non a ve). Serve para preparar a galería enteira antes de abrila.

Prezo masivo

Poñer o mesmo prezo ás 300 fotos dun grupo é unha soa operación, non 300.

Visor a tamaño completo

O visor carga a versión grande, non a miniatura: o cliente ve a foto con detalle antes de decidir se a merca.

Conta do espazo

Cada conta leva o reconto do que ocupa. De momento, todas as contas teñen 1 GB.

Sen recompresión do orixinal

O arquivo que descarga o teu cliente ao mercar é exactamente o que ti subiches, coa súa resolución e a súa calidade.

Prezo por defecto da conta

Fixas un prezo xeral na configuración e todas as fotos sen prezo propio tómano. Cambialo non obriga a repasar galería por galería.

Reordenar arrastrando

A orde da grella decídela ti arrastrando as fotos; é a que ve o cliente.

Eliminar libera espazo

Ao borrar unha foto vanse tamén a súa miniatura e a súa copia marcada, e o espazo volve á túa cota.

Para quen é

Calquera fotógrafo que entregue máis de vinte fotos por encargo. Por debaixo diso case dá igual como o fagas; por riba, a diferenza entre unha subida masiva e un envío manual son horas ao mes.

Preguntas frecuentes

Si, cámbiase na configuración da conta. As fotos que xa estaban subidas conservan a marca coa que se procesaron; as novas saen coa nova.

Un cliente pode gardar a imaxe que ve, igual que en calquera web. Por iso o que ve leva a túa marca: a versión aproveitable, a orixinal limpa, só se entrega cun pedido pagado detrás.

Gárdanse como dúas fotos distintas e ocupan o dobre. Podes eliminar a sobrante desde a galería do panel e o espazo libérase.

Non por número. O límite é o espazo do plan, así que depende do peso dos teus arquivos.

Preparado para levar
as túas galerías ao seguinte nivel?

Cóntanos en que traballas e mostrámosche como FotoHook se adapta a ti.

Escríbenos